We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Queimadas, Cantares e Fauna dos Bares (Grabaciones Caseras vol. 3 )

by Querido Extraño

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Algúns beben auga , e moitos viño máis eu prefiro , o Licor do tío Martiño . Dirás que estou tolo , que fundo o fígado máis en canto o probas , esqueces iso . Houbo un tempo en que non me querías nin ver. Probei dese licor , deixei de ser un perdedor . Se me fixeras caso tí muller , e probaras disto algunha vez ías brincar enriba de mín , e berrar toliña de pracer. Algúns beben auga , e moitos viño máis eu prefiro , o Licor do tío Martiño. Mozo !!! Outro !!! Mozo !!! Outro !!!
2.
Fai sete días na barra dun bar un home vello achegóuseme a falar "Ti non és fillo de quen crees , ti ere-lo demo , o fillo de Lucifer " "Escoite amigo vaiase durmir , hoxe non teño forzas xa pra discutir !" E naquel intre desapareceu nun fume escuro E logo o meu corpo tremeu Fillo do Demo , afástate de nós ! E agora cantando vou un triste rocanrol Dende aquel día tódolos cans da miña vila non deixaron de ouvear E polas noites podo escoitar centos de rezos das vellas daquel lugar E cando á igrexa eu funme protexer A auga das pilas comezoume a ferver E o crego dixo " polo amor de Deus , fuxe da vila , Ou virán por tí ó mencer !!! " Fillo do Demo , afástate de nós ! E agora cantando vou un triste rocanrol Fillo do Demo , do meu pobo escapei E a miña rapaza foise cun home de lei E agora vago polo mundo eu só , E outras veces fun coa Banda do Terror Todo isto pásalle hoxe en día aos poucos que ainda quedan Que adoran o rocanrol Pechade ben as portas e as ventás , hoxe a lúa comeza a arregoar ! E din que en noites como estas O mesmo diaño chega aquí pra te levar Fillo do Demo eu son , Fillo do Demo eu vou afástandome do Sol Fillo do Demo eu son , Fillo do Demo eu vou Cantando un triste rocanrol
3.
Mouchos , coruxas , sapos e bruxas , demos , trasgos e diaños Espritos das neboadas veigas , corvos , pintigas e meigas Feitizos das menciñeiras Podres , cañotas , furadas , fogar de vermes e alimañas Lume das Santas Compañas Mal de ollo , negros meigallos , corpos dos mortos , tronos e raios Ouveo de can , pregón da morte e fuciños de sátiro e pel do coello Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello e mentireiro Averno , Satán , Belcebú , lume dos cadavres ardentes , Corpos mutilados de indecentes Mal de ollo , negros meigallos , corpos dos mortos , tronos e raios Barriga inútil da muller preguiceira , maullar dos gatos que andan á xaneira Con este fol levantarei as chamas deste lume Do Inferno chega este arume E fuxirán as meigas nas súas escobas á praia de areas gordas Ouvide os ruxidos das que han purificarse fervendo en augardente Bebendo esta brebaxe quedarán as almas ceibes De todo mal para sempre Uooooooooh !!!!! Mariano Marcos Abalo ( adapt. por A. Delgado )
4.
Vouvos conta-lo conto , algún de vós vai rir Pero eu débolle moito , grazas a ela sego eiquí Nunha noite fría , na barra dun bar , Catro bestas pardas Rodéanme , voltéanme , golpéanme Vanme esnaquizar !!!! De súpeto ábrese a porta de par en par E unha silueta enorme ocupa todo o seu umbral Centovinte kilos de forza brutal ábrense camiño ata o meu lugar Noite de sorte , sálvame da morte Lévame Rosi , Lévame Rosi Mallando a man aberta ós catro galos do curral Voando pola fiestra dunha patada circular Colléume nos seus brazos , sacoume daquel bar Subiume ó seu tellado , non vous contarvos máis Noite de sorte , sálvame da morte Lévame Rosi , Lévame Rosi Noite de sorte , preto de Monforte Lévame Rosi , Lévame Rosi .

credits

released March 20, 2017

license

all rights reserved

tags

about

Querido Extraño Pontevedra, Spain

En este personaje confluyen los estilos que siempre le influyeron (50's, 60's, 70's, Rock, Country, Swamp, Surf, Pop, Folk, Blues...) pasados por su filtro personal y presentados en directo en formato acústico, ayudado simplemente de guitarra, armónica, perscusión y toneladas de pasión, abordando temáticas fronterizas, biblicas, románticas, terroríficas y mortuorias. ... more

contact / help

Contact Querido Extraño

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Querido Extraño, you may also like: